Asociación Tiresias Galicia

Asociación TIRESIAS Galicia para persoas con discapacidade visual b1, b2, b3

Asociación Tiresias Galicia para personas con discapacidad visual
“En un tiempo donde lo arbitrario tiene fuerza de ley,
en un momento donde la humanidad se deshumaniza,
no digáis nunca: eso es natural;
si aceptamos las cosas como naturales,
este mundo nuestro permanece inmutable”
Bertolt Brecht
La paradoja de Tiresias
Tiresias es una figura destacada de la mitología griega, por su condición de visionario, sabio y conciliador, fruto de su experiencia, mediando entre hombres y mujeres, entre dioses y personas: fue consejero de Edipo y del héroe Odiseo en su vuelta a Ítaca, y también aconsejando a Hera y a Zeus. Tiresias quedó ciego fruto de su encuentro con los dioses. Y esta es la primera paradoja, que a pesar de su ceguera, Tiresias guiaba a las personas con su sabiduría y con su criterio.
Nuestra sociedad avanzó tímidamente en la inclusión de las personas con diversidad funcional en general y con discapacidad visual concretamente, pero es obvio que a día de hoy estamos muy lejos de lo que debería ser; aún son muchas y muchos los que sienten y sufren su invisibilidad social. Y por añadidura: la invisibilidad económica, la afectiva, la cultural, cuando no directamente la exclusión. La exclusión es la imposibilidad de acceso. La exclusión es también el desamparo frente al Estado. La exclusión es saberse no escuchado, no ser tenido/a en cuenta. De seguir consintiendo lo intolerable, estas situaciones se transforman en lo considerado “normal”. De esta manera, nos resignamos pequeños, individualistas, insolidarios, no merecedores de considerarnos democráticos. Pero esto no es normal. Como una maldición mitológica, las/los que no ven, dejan de ser vistos/as. La invisibilidad que sufre en muchos casos las personas con discapacidad visual es una tragedia evitable que no podemos aceptar. La dolencia física no puede convertirse en dolencia social.
Una cultura de la aceptación NO es una cultura aceptable. Vivimos en un tiempo de cambios y cambios profundos que deben combatir la construcción de lo inevitable. Corremos el peligro de convertirnos ciegos todas y todos, porque quien no ve puede desistir y aceptar que le digan de qué manera funciona el mundo. Pero la conciencia democrática y solidaria debe ayudarnos a buscar estrategias que derriben las paredes de la acomodación y la degradación social que conlleva no favorecer la inclusión a todos los niveles de estas personas, que precisa y demanda nuestra ayuda. Ayudarles es ayudarnos y sentirnos ayudados, además de una obligación cívica y moral
Decía Berkeley que la lengua es una forma particular de nombrar lo que nos rodea, todo aquello que percibimos fundamentalmente a través de la visión y de los otros sentidos. Y a partir de esta experiencia, con la que construimos primero nociones más concretas, llegamos más tarde a otras ideas más abstractas: la amistad, la solidaridad, el amor, la justicia, la empatía, pero también la impotencia, el olvido, la ausencia, la invisibilidad…. Las diversas formas del dolor.
La Asociación Tiresias Galicia nace con el objetivo de ayudar a aquellas personas con discapacidad visual y su entorno, promoviendo canales adecuados de mediación en los diversos trámites con instituciones públicas, organismos oficiales y otros colectivos o asociaciones (vecinales, culturales, organizaciones no gubernamentales) más o menos ligadas a las personas con discapacidad visual, en el camino de garantizar su atención y promover la inclusión efectiva de este colectivo en el seno de la sociedad, en base a los valores de la cooperación, la solidaridad, la dignidad y la justicia social.
Las visiones del mediador Tiresias inspiraban a la gente a resolver sus problemas y superar las dificultades. Ese mismo espíritu mediador es lo que nuestra Asociación quiere poner en marcha con su actividad, asesoramiento y ayuda a las personas con discapacidad visual, pues su inclusión efectiva es también un capital que reverterá en nuestra sociedad, haciendo del mundo un lugar mejor. Ahora, iluso es quien piensa que el Titanic no se hundiría.
Los muros de nuestros miedos se suben por los pasos de nuestros sueños, veámoslos o no.

Datos de contacto

tiresiasgalicia@gmail.com

Móvil: 654 73 66 73

Asociación Tiresias Galicia para persoas con discapacidade visual

 “Nun tempo onde o arbitrario ten forza de lei,

nun intre onde a humanidade se deshumaniza,

non digades nunca: iso é natural;

se aceptamos as cousas como naturais,

este mundo noso fica inmutábel”

Bertolt Brecht

O paradoxo de Tiresias

 Tiresias é unha figura destacada da mitoloxía grega, pola súa condición de visionario, sabio e conciliador, froito da súa experiencia,  mediando entre homes e mulleres, entre deuses e persoas: foi conselleiro de Edipo e do heroe Odiseo na súa volta a Ítaca, e tamén aconsellando a Hera e Zeus. Tiresias quedou cego froito do seu encontro cos deuses. E este é o primeiro paradoxo, que malia a súa cegueira, Tiresias guiaba as persoas coa súa sabiduría e co seu criterio.

A nosa sociedade avanzou timidamente na inclusión das persoas con diversidade funcional en xeral e con discapacidade visual concretamente, pero é obvio que a día de hoxe estamos moi lonxe do que debera ser; aínda son moitas e moitos os que sinten e sofren a súa invisibilidade social. E por engadidura: a invisibilidade económica, a afectiva, a cultural, cando non directamente a exclusión. A exclusión é a imposibilidade de acceso. A exclusión é tamén o desamparo de diante do Estado. A exclusión é saberse non escoitado, non ser tida/o en conta. De aturarmos o intolerábel, estas situacións mudan no considerado “normal”. Deste xeito, resignámonos miúdos, individualistas, insolidarios, non merecentes de sermos democráticos. Mais isto non é normal. Como unha maldición mitolóxica, as/os que non ven, deixan de ser vistas/os. A invisibilidade que sofre en moitos casos a xente con discapacidade visual é unha traxedia evitábel que non podemos aceptar. A doenza física non pode mudar en doenza social.

Unha cultura da aceptación NON é unha cultura aceptábel. Vivimos nun tempo de mudanza e cambios profundos que deben combater a construción do inevitábel. Corremos o risco de mudarmos cegos todas e todos, porque quen no ve pode desistir e aceptar que lle digan en que xeito funciona o mundo. Pero a conciencia democrática e solidaria debe axudarnos a artellar estratexias que derruben as paredes da acomodación e a degradación social que conleva non favorecer a inclusión a todos os niveis desta xente, que precisa e demanda a nosa axuda. Axudarlles é axudármonos e sentírmonos axudados, ademais dunha obriga cívica e moral.

Dicía Berkeley que a lingua é un xeito particular de nomear o que nos rodea, todo aquilo que percibimos fundamentalmente a través da visión e dos outros sentidos. E a partires desa experiencia, coa que construímos primeiro nocións máis concretas, chegamos máis tarde a outras ideas máis abstractas: a amizade, a solidariedade, o amor, a xustiza, a empatía, pero tamén a impotencia, o esquecemento, a ausencia, a invisibilidade… As diversas formas da dor.

A Asociación Tiresias Galicia nace co obxecto de axudar aquelas persoas con discapacidade visual e o seu entorno, promovendo canles axeitadas de mediación nos diversos trámites con institucións públicas, organismos oficiais e outros colectivos ou asociacións(veciñais, culturais, organizacións non gobernamentais) máis ou menos ligadas á xente con discapacidade visual, no camiño de garantir a súa atención e promover a inclusión efectiva deste colectivo no seo da sociedade, en base aos valores da cooperación, a solidariedade, a dignidade e a xustiza social.

As visións do mediador Tiresias inspiraban a xente a resolver os seus problemas e superar as dificultades. Ese mesmo espírito mediador é o que a nosa Asociación quere por en marcha coa súa actividade, asesoramento e axuda ás persoas con discapacidade visual, pois a súa inclusión efectiva é tamén un capital que reverterá na nosa sociedade, facendo do mundo un lugar mellor. Agora, iluso é quen pensa que o Titanic non afundiría.

Os muros dos nosos medos sóbense polos chanzos dos nosos soños, vexámolos ou non.

licia@gmail.com

Móvil: 654 73 66 73